Sin categoría

Gondomar abre o prazo de inscrición para o Campus Multideporte de Semana Santa

O Concello de Gondomar informa que desde hoxe 7 de marzo e ata o 20 de marzo está aberto o prazo de inscrición para o Campus Multideporte de Semana Santa, que se celebrará os días 25, 26 e 27 de marzo. Neste campus, para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, as e os participantes poderán practicar diferentes deportes como atletismo, tenis, tenis de mesa, fútbol sala e baloncesto en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O alcalde Paco Ferreira destacou que este campus, que este ano chega á súa décimo primeira edición, “ten como obxectivo por unha banda fomentar a práctica deportiva entre as nenas e nenos e por outra banda axuda a nais e pais á conciliación da súa vida laboral e familiar nuns días non lectivos”. O rexedor tamén aproveitou para “agradecer a colaboración dos diferentes clubs que un ano máis poñen a disposición a monitoras e monitores para que este campus sexa un ano máis un éxito”.

INSCRICION-CAMPUS-SEMANA-SANTA