Mañá, venres 8 de marzo, volven os bingos a Baiona da man de O Carme Baiona. Tras o parón da semana da Arribada 2024 chea de éxito e apoio, a asociación volve con novos premios, sorpresas e agasallos.
Ademais, con motivo do 19 de marzo, Día do Pai e de San Xosé, preparan un sorteo dunha noite no Parador de Baiona para dúas persoas, con almorzo incluído.
Esta semana, só por participar no sorteo semanal de cartóns gratis, poderase gañar incluso unha das cestas con produtos que lle doaron desde o Bar Erizana como mostra de apoio ao traballo realizado pola asociación.
Unha vez concluída a Arribada tamén se poñen ao choio para organizar outra excursión e unha comida ou cea/baile para os que queiran achegarse a pasar un bo día.

