Anuncios
Ticker de novas

Sete establecementos participan na Semana Gastronómica da Arribada

Do 24 de febreiro ao 4 de marzo, sete establecementos de Baiona participan na Semana Gastronómica da Arribada. Os restaurantes ofrecerán menús especiais cun prezo por comensal que oscilará entre os 16 e 25 euros. Participan o Parador de Turismo, Recuncho Mariñeiro, La Colegiata, Restaurante El Túnel, Restaurante Monterrey, Tapería La Abuela e Central Ecoadega.

Parador de Turismo de Baiona

Entrantes: croquetas variadas, empanada da casa e mousse de lamprea e tostas. Prato principal: arroz caldoso de moluscos. Sobremesa: filloa caramelizada de crema e mazá. Auga e copa de viño branco. Prezo: 25 euros por persoa.

Recuncho Mariñeiro

Entrantes: paté de escarapote con marmelada de froitos vermellos, croquetas de xamón ibérico e roda mix de queixos e embutidos. Prato principal: cazola de carne con patacas. Sobremesa: selección de sobremesas. Ribeiro ou Rioxa colleita. Café. Prezo: 20 euros por persoa.

La Colegiata

Entrante: lagostinos. Prato principal: peituga de polo á prancha con ensalada e patacas fritas. Sobremesa: sobremesa do día. Inclúe bebida e café. Prezo: 22 euros por persoa.

Restaurante El Túnel

Entrantes a escoller: chipiróns encebolados, xamón ibérico ou empanada caseira. Prato principal a escoller: parrillada de carne, arroz con zamburiñas e ameixas, robaliza ao forno ou robaliza especial á antiga. Sobremesa: torta da avoa. Viño branco e tinto. Cafés. Prezo: 23 euros por persoa.

Restaurante Monterrey

Entrante: luras enceboladas. Prato principal a escoller: xamón asado ou paella de marisco. Sobremesa a escoller: tortas caseiras ou xeado. Inclúe bebida e pan. Prezo: 16 euros por persoa.

Tapería La Abuela

Entrantes a escoller: croquetas caseiras ou ensalada rusa. Prato principal: carne ao caldeiro. Sobremesa: torta da avoa. Café. Viño branco ou tinto, auga ou refresco. Prezo: 18 euros por persoa.

Central Ecoadega

Primeiros: ensalada morna de polbo, algas, trufa e noces, lagostinos crocantes en marmelada de pemento. Segundo a escoller: dourada ao forno con guarnición tricolor, picaña de boi con pataca da avoa e salsa de froitos vermellos. Sobremesa a escoller: green cheesecake, leite frío en sopa doce. Café ou infusión e chupitos. Viño branco ou tinto, cervexa, auga ou refresco. Prezo: 24 euros por persoa.

Anuncios