Sin categoría

Baiona acollerá a terceira edición do Blue Atlantic Forum

Os días 13, 14 e 15 de marzo de 2024 celebrarase, no Parador de Baiona, a terceira edición do Blue Atlantic Forum (BAF), o lugar de encontro ao redor da economía azul no Océano Atlántico. Trátase dun espazo de discusión e debate que busca promover a sustentabilidade e o desenvolvemento económico a través do uso responsable dos recursos mariños. Expertos en diferentes áreas como gobernanza azul, emprendemento e innovación ou turismo compartirán os seus coñecementos e experiencias para atopar solucións innovadoras que impulsen unha economía azul máis próspera.

Durante tres xornadas, abordaranse temas como a economía azul como facilitador estratéxico do territorio, as claves para unha transición enerxética sostible, o emprendemento ou a cooperación como ferramenta de xeración de valor, entre outros. Blue Atlantic Forum é unha excelente oportunidade para reflexionar, analizar os beneficios e desafíos da economía azul e xerar accións concretas que contribúan a un futuro sostible para as nosas comunidades costeiras e o medio ambiente mariño.

Ademais, trátase da plataforma ideal para establecer contactos e xerar novas oportunidades de colaboración na economía azul entre participantes de diferentes entidades e sectores.