Terceira xornada da liga galega de xadrez. Na primeira división o Laroca Nigrán A, despois da derrota sufrida na pasada xornada ante o Xadrez Albatros por 1-3, desprázase ao Grove para enfrontarse ao Breogán, onde intentará acadar a vitoria e abandonar o derradeiro posto da clasificación.
Na segunda división o equipo do Laroca B, despois da derrota por 2,5-1,5 ante o Xadrez Albatros, xogará en Nigrán ante o equipo vigués do Lucena Juguetones, mentres que o outro representante na categoría, o Laroca C, que gañou o seu encontro ante os tudenses de Miss Matilde Tuy por 2,5-1,5 desprázase a Vilagarcía para enfrontarse ao CXF-Centro Comercial Arousa. Na clasificación o Laroca B está situado no cuarto posto con 4,5 puntos mentres que o Laroca C ocupa o oitavo posto con 3,5 puntos.
Na terceira división o Laroca D, despois do empate a dous puntos ante os ponteareáns do Xadrez Ponteareas A-Tapería Restaurante Nosa Terra, ocupa a oitava praza, desprazarase a Mos para enfrontarse ao Club Xadrez Mos I.



