Sin categoría

Baiona pospón unha hora o Gran Desfile Medieval

O Concello de Baiona informa de que o Gran Desfile Medieval previsto para as 12:00 do mediodía posponse ata as 13:00 horas. O punto de encontro é a entrada da Fortaleza de Monterreal e nel participarán todos os grupos musicais que actuarán no Real Mercado Medieval da Arribada 2024. Haberá un pregón de apertura a cargo do grupo Circocido.