Baiona pecha ao tráfico a Rúa Carabela Pinta para montar os postos da Arribada

A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Baiona informa do corte do tráfico desde mañá xoves, 29 de febreiro, ata a próxima semana, da Rúa Carabela Pinta desde a Glorieta de Colón, deixando acceso aos garaxes, debido á montaxe dos postos do concello de venda de artesanía da Festa da Arribada que ocuparán esta zona. Este corte afectará tamén á Rúa Cidade de Vigo, que quedará en sentido contrario ao habitual desde a PO-552 para acceder á Rúa Laureano Salgado e os garaxes da Rúa Cidade de Vigo. Desde o Concello de Baiona faise un chamamento á colaboración dos veciños para que os traballos desenvólvanse da mellor forma posible, solicítase prudencia á hora de circular pola zona e pídense desculpas ás persoas afectadas polas molestias que poidan ocasionar os traballos aos veciños e veciñas do municipio.