A Policía Nacional de Vigo fai entrega de 36.000 luvas para o persoal sanitario do CHUVI

A Policía Nacional de Vigo fixo entrega esta mañá de 36.000 luvas para o persoal sanitario do CHUVI. Este material é parte das doazóns que particulares e empresas entregaron en Comisaría nos últimos días, e que permitirán a todos aqueles que forman parte da primeira liña de defensa continuar co seu labor diario.

Desde esta Comisaría queren mostrar o seu agradecemento a todos aqueles que cada día colaboran na loita contra esta pandemia, e que son non só os que han de continuar co seu traballo diario, senón tamén os que quedan nos seus domicilios, os que apoian, os solidarios, os que escoitan e os que respectan.

Anuncios