Sin categoría

160 comensais desfrutaron da XXII Cea Medieval de Aceba

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba) celebrou o pasado sábado, día 24 de febreiro, a tradicional Cea Medieval no Parador de Baiona, que serve de preámbulo para o inicio, a próxima fin de semana, da Festa da Arribada, e que nesta ocasión cumpriu a súa XXIII Edición. Con este evento, ACEBA celebrou tamén o seu “XXVII aniversario”. Ao comezo da velada, o Presidente de ACEBA, como de costume, abriu o acto cun discurso onde traslada os seus agradecementos aos empresarios e diferentes autoridades. Principalmente, transmitiu a importancia da economía local da Vila, onde son as pequenas empresas e os autónomos os que xeran emprego e riqueza no territorio; e que son a fortaleza do equilibrio económico, animándoos a traballar en equipo para xerar estratexias que impulsen a economía local. Finalmente, desexou a todos unha feliz velada e unha boísima Arribada.

A cea estivo amenizada polo presentador, cómico e animador Rafa Durán e por varias actuacións a cargo de Pablo Méndez Performances, finalizando a velada con DJ Events – Disco Móvil, que conseguiu que todos se divertisen e bailasen coa súa música. A programación da cea correu a cargo da empresa Sofistik2. 160 invitados gozaron dunha Cea Medieval, ataviados con traxes de época, e un menú composto por “caldiño de Pedro Madruga”, “asado de cabrito lechal con fritos de cabaza”, “empanada de raxo”, “a froita do Monte Real e degustación de sobremesas do medievo (as filloas do Tío Remigio, Torta do Conde e Almendrados do Convento da Anunciada)”, todo acompañado por “viño da Adega do Castelo e Auga das Pasasiñas”. Coas sobremesas servíronse os ñoclos de Pinzón e as rosquillas Cristaleiro”, así como a “Torta de Sarmiento” e o saboroso “pan do Forno dos Clérigos”, de Tupana Obrador.

Tamén se fixeron homenaxes a varios asociados: Gilberto Giráldez Vidal, da empresa Givazul; Juan Manuel Vázquez Barreiro, da empresa Givazul; e Jose Gay García, da empresa Electrogayfer. O Presidente de Aceba, Marcos Comesaña Chamorro, e membros da Xunta Directiva, entregaron unha placa e leron un resumo da súa traxectoria profesional, desde os seus inicios ata o día de hoxe. A cea finalizou cun concurso de traxes medievais, a tradicional “Queimada” e o sorteo de fantásticos agasallos: unha noite no Parador para dúas persoas; unha mariscada para dúas persoas no Restaurante Rocamar; e un percorrido mariño no Talaso Atlántico.

Entre os asistentes á cea estaban membros da Xunta Directiva de Aceba: Marcos Comesaña Chamorro, Roberto Fernández Pino e Jose María Figueroa Mijón. E tamén contaron coa presenza de Jesús Vázquez Almuiña, alcalde de Baiona; os concelleiros Ana Mª Iglesias Rodríguez, Ruth Álvarez González, Jose Manuel Rodríguez Fernández, Jose Ángel Bahamonde Rodríguez, Gonzalo Pérez Barreiro e Nuria Leyenda Gómez; Nava Castro Domínguez, deputada de Turismo; Jorge Cebreiros, presidente da CEP; Plácido Viéitez Pérez, Xefe da Policía Local; Mª Luz Iglesias, presidenta da Santa Casa de Paz e Misericordia; Jose Ángel González Goce, presidente de OVALMI; Carlos Gómez Prado, secretario do PSOE de Baiona; Gabriel Rodríguez Rodríguez, director da Banda de Música de Baiona; Javier Rodríguez Castro, director de Abanca; e Yolanda Pérez Rodríguez, directora de Caixabank.