Sin categoría

Gondomar organiza unha excursión para maiores á Semana Santa de Ferrol

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Benestar Social, organiza unha excursión para maiores á Semana Santa de Ferrol e a Redes o venres 29 de marzo. A tradición mariñeira e militar da vila proporciona un ambiente único a esta celebración.

O venres celebrarase unha das súas procesións máis esperadas, na que se atopan Xesús Nazareno, San Xoán, Santa Verónica e a Virxe das Dores. Un dos actos máis multitudinarios da Semana Santa ferrolá. Pola tarde, os participantes coñecerán Redes, pobo único que namora a quen o visita. As súas peculiares vivendas teñen acceso directo ao mar. De feito coñécese popularmente como “a Venecia galega”.

As inscricións permanecerán abertas desde o 23 de febreiro ata o 15 de marzo reservadas a maiores de 55 anos. O prezo para empadroados en Gondomar é de 35€ e 50€ para os demais. Inclúe guía, comida e desprazamento. As prazas son limitadas (100 persoas), segundo inscricións que deberán presentar no Departamento de Benestar Social. Máis información no teléfono 986360168 ou no correo electrónico ssocial@concellodegondomar.gal.