Segunda xornada da liga galega de xadrez para o Laroca

Este sábado celébrase a segunda xornada da liga galega de xadrez. O xadrez Laroca A na primeira división, despois da derrota sufrida a pasada semana ante a EXP Ramón Escudeiro Tilve por 0 a 4, intentará conseguir os primeiros puntos ante o Albatros A da Guarda, encontro que se celebrará en Cotros.

Na segunda división, despois da vitoria ante o Laroca B por 3-1 ante o Laroca C, ao Laroca B tócalle desprazarse á Guarda para enfrontarse ao equipo do Albatros C. Nesta mesma categoría o Laroca C disputará o seu encontro no local de Cotros ante o equipo tudense Miss Matilde Tuy.

Na terceira división o equipo do Laroca D estrearase na competición unha vez que na primeira xornada tocoulle descansar, enfrontarase no local de Cotros ao equipo de Xadrez Ponteareas A-Tapería Restaurante A Nosa Terra.