A Rondalla de Chaín actúa no Hospital Álvaro Cunqueiro

Un ano máis, e xa se está convertendo en tradición, chega a que, sen dúbida, é a actuación máis emocional e emotiva de toda a tempada da Rondalla do Centro Cultural “A Merced” de Chaín. Este próximo domingo día 18 ás 16:00 horas estarán actuando nos exteriores do Hospital Álvaro Cunqueiro. “Fainos especial ilusión levar un anaquiño de Nadal a todas as persoas que, ben sexa por traballo ou por problemas de saúde, viven estas datas tan especiais dentro do Centro Sanitario”, sinalan desde a agrupación gondomareña.