Sin categoría

A estrada provincial entre Panxón e Monteferro pasa a ser de titularidade municipal

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou onte no Diario Oficial de Galicia o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Nigrán da estrada provincial entre Panxón e Monteferro. Na seguinte ligazón ao DOG pódese ampliar a información relativa ao decreto.

O Concello de Nigrán e a Deputación Provincial de Pontevedra asinaron un convenio no que se recollía a aceptación por parte da entidade municipal da transferencia da titularidade da EP-2105. En concreto, transfírese a totalidade do treito de algo máis de 1,9 quilómetros de lonxitude da estrada EP-2105, comprendido entre o quilómetro 0 e o 1+922.

Esta transferencia tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.

Co cambio de titularidade, o Concello de Nigrán terá a competencia para actuar neste treito e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento. O decreto producirá efectos a partir de hoxe, tras a publicación no Diario Oficial de Galicia.