Unha vez rematados os campionatos provinciais disputados na localidade de Vilagarcía e os campionatos galegos nas categorías sub 8, sub 14 e sub 18 na localidade de Padrón, que contaron coa presenza de representantes laroqueiros, comeza a liga 2024 de xadrez, na que o equipo de Nigrán participa con catro equipos.
Na primeira división o Laroca Nigrán A estrea a tempada na primeira división ante a Escola de Xadrez de Pontevedra. Na segunda división, dentro do grupo E, temos duelo entre os equipos do Laroca B e Laroca C. Na terceira división o equipo do Laroca D encadrado no grupo H descasa na xornada inaugural. Todos os encontros disputaranse na sede do club en Mallón a partir das cinco da tarde.

