O BNG anima á veciñanza do Val Miñor a participar nos actos de peche de campaña das eleccións ao Parlamento de Galicia. Este xoves 15 de febreiro terá lugar o acto de peche de campaña en Vigo, ás 20:00 horas, no Auditorio Mar de Vigo. No acto intervirán: Xabier Pérez Igrexas (portavoz municipal), as candidatas Carmela González, Alexandra Fernández e Luís Bará, e a candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón.
Por outra banda, o venres 16 ás 20:00 horas terá lugar o acto de peche de campaña nacional, no Multiusos Fontes do Sar en Compostela. Terá un formato de festa mitin, coa actuación musical de “De Ninghures” e DJ Misa. Intervirán a alcaldesa de Compostela Goretti Sanmartín e Ana Pontón. Para este acto o BNG poñerá un bus que sairá desde a Ramallosa. Reserva de praza en nigran@bng.gal ou no 689734528.

