O alcalde de Baiona recibe a regatistas de Palos de la Frontera

Esta fin de semana celebrouse en Baiona a 34º edición do Trofeo Príncipe de Asturias, na que participou o “Fresgarrido Equipo de Regatas”, unha embarcación de Palos de la Frontera, obtendo un terceiro posto na categoría Open Extra. A tripulación, formada por Ernesto Pérez, Capitán Salitre, José Ángel Quintero Romero, Ernesto Pérez Banda, David Santana Hidalgo, Francisco Cereza Cabeza e Sonia Cortázar Álvarez, foi recibida polo Alcalde, Carlos Gómez. O rexedor convidou tanto á tripulación como ao patrocinador á Arribada 2020, e aproveitou para animalos a participar na próxima edición do Trofeo Príncipe de Asturias.

Anuncios