Con motivo da cruel morte en acto de servizo de dous gardas civís o pasado 9 de febreiro nas tarefas de loita contra o narcotráfico na localidade gaditana de Barbate, a FEMP convidou os Gobernos locais a convocar concentracións silenciosas dun minuto ás 12;00 horas, como apoio e solidariedade cos familiares e en recoñecemento ao gran labor realizado polos membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Así o fixeron ante a Casa do concello en Baiona.
Minuto de silencio en Baiona polos dous gardas civís asasinados en Barbate


