Acto público aberto do BNG en Gondomar

O BNG celebrará mañá, luns 12 de febreiro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, o acto público central da campaña das eleccións galegas en Gondomar. No acto participará a Portavoz municipal, Manuela Rodríguez, que estará acompañada por Marta Gómez, candidata e Secretaria xeral de Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, e pola candidata e até agora deputada, Carmela González.

Dende o BNG de Gondomar convidan á veciñanza a se achegar e a participar no coloquio arredor das propostas do proxecto de goberno do BNG para unha nova Galiza. Baixo o nome Conversa sobre a Galiza que vén, o BNG presenta este encontro como unha oportunidade para falar das múltiples razóns polas que apostar o vindeiro 18 de febreiro polo cambio galego, un cambio que virá da man dun novo goberno liderado polo BNG e con Ana Pontón como Presidenta.