Sin categoría

O GALP Ría de Vigo – A Guarda organiza unha xornada de presentación da nova convocatoria de axudas

O GALP Ría de Vigo-A Guarda levará a cabo este luns 12 de febreiro unha xornada de presentación da nova convocatoria de axudas para proxectos ao amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobados pola Consellería de Mar aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e correspondentes á Convocatoria 2024 do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro 29 de febreiro de 2024.

Os novos promotores (e as persoas e representantes de entidades que teñan un proxecto beneficioso para o territorio costeiro, e en especial para o sector pesqueiro) que desexen informarse dos criterios de selección e das contías destas axudas, poden asistir á xornada que se celebrará no Edificio Virxe do Carme do Porto Pesqueiro de Vigo, que se desenvolverá a partir das 12:00 do mediodía do seguinte xeito:

Benvida e recepción de asistentes 12:00 horas
Intervención da xerencia do GALP Ria de Vigo-A Guarda 12:15 horas
Presentación da nova convocatoria de axudas ao amparo da EDLP do GALP Ría de Vigo-A Guarda 12:25 horas
A importancia da economía circular no sector da pesca- Alejo Calatayud  (ICSEM) 12:45 horas
Presentación de “Cholita” – Gema Neira (CEO de Cholita) 13:05 horas
Presentación de ARVI – Jorge Pan (miembro del departamento de I+D) 13:25 horas
Presentación de “Marexi” – Joaquín Gracia (Director de Marexi) 13:45 horas
Espacio para preguntas 14:05 horas

A convocatoria de axudas pode consultarse na seguinte ligazón. Para máis información, pódese contactar co GALP da Ría de Vigo-A Guarda (que integra os concellos de Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal, A Guarda, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña e Cangas) na Avenida de Beiramar, 49 – 3º, Vigo (Pontevedra), no correo galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal ou telefonicamente nos números: 986 358 109/646 873 106.