A Garda Civil de Sanxenxo investiga a un veciño de Poio, de 50 anos, con multitude de antecedentes policiais, ao que se lle incautan varias doses de heroína. A investigación iníciase o pasado mes de novembro, ao ter constancia de que na localidade de Portonovo, nas proximidades dun Centro de Educación Secundaria da localidade, estaba a levarse a cabo a actividade de tráfico de drogas a pequena escala.
Compróbase que o investigado, a bordo dunha bicicleta desprázase con regularidade ata o punto descrito, onde lle esperan varios toxicómanos da zona e alí realizan o intercambio de substancias a cambio de diñeiro. O pasado día 5, cun dispositivo en marcha, abórdase ao presunto autor cando se dispoñía a realizar un novo intercambio, e se lle interveñen as substancias estupefacientes que leva dispostas para a venda, neste caso concreto 7 doses de heroína.
Por iso procédese á investigación desta persoa como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, remitindo as actuacións practicadas ao Xulgado de Instrución de Cambados encargado do caso.

