Sin categoría

Concello de Nigrán e AFAGA realizan o seu tradicional concurso de máscaras de Entroido

O Concello de Nigrán e AFAGA Alzhéimer organizan o xa tradicional concurso de máscaras de Entroido no que compiten os diferentes centros xestionados por esta entidade, entre eles o Centro de Enfermidades Neurodexenerativas do Concello de Nigrán en Panxón. Así, os usuarios de cada centro realizaron conxuntamente cadansúa máscara e desde hoxe permanecen expostas na entrada do Auditorio Municipal de Nigrán para que calquera persoa poida votar de aquí ao 14 de febreiro as súas tres favoritas. Este ano os participantes inspiráronse principalmente no Entroido tradicional de Galicia, con reminiscencia ás famosas pantallas e peliqueiros de Ourense, e compiten os centros de Martínez Garrido, Beiramar, O Porriño, Ponteareas, Salceda, Redondela, Chapela, Mos, Tui e Nigrán.