Sin categoría

Baiona abre o prazo para participar no programa de conciliación de Semana Santa

A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller, presenta o programa de Conciliación Semana Santa 2024, que ten como obxectivo promover a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral. O programa desenvolverase o 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril de 2024 no CPI de Cova Terreña en horario de 9:00 a 14:00 horas, aínda que por necesidades das persoas proxenitoras, poderán acceder ao programa de 8:00 a 9:00 sempre que o sinale na solicitude.

As persoas interesadas en participar na convocatoria deberán presentar a solicitude de inscrición (Anexo I) debidamente cumprimentada e asinada, xunto coa documentación solicitada no punto 9 das bases desde o mércores 7 de febreiro ata o mércores 21 de febreiro ambos os dous incluídos, no rexistro de entrada do Concello de Baiona de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas ou a través da sede electrónica do Concello de Baiona ata as 14:00 horas do mércores 21 de febreiro.

As bases da convocatoria e os anexos para a solicitude están dispoñibles na páxina web do Concello. Más información no Centro Municipal de Información á Muller (CIM), no teléfono 986 35 75 54, ou na dirección electrónica cim@baiona.gal. A actividade está subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables.