Sin categoría

Autobuses desde o Val Miñor para asistir á manifestación na defensa da sanidade pública en Santiago

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor, que forma parte de SOS Sanidade Pública, apoia a convocatoria da Manifestación na Defensa e Mellora da Sanidade Pública, baixo o lema de ¡¡Pola Sanidade que queremos e merecemos!! que se vai celebrar o próximo domingo 4 de febreiro, ás 12:00 do mediodía, desde a Alameda de Santiago de Compostela.

E porque sobran os motivos invitan á cidadanía do Val Miñor a participar masivamente na concentración. Haberá autobuses gratuítos para facilitar o desprazamento. De Baiona o autobús sae ás 9:45 horas, da entrada do Parador. De Gondomar sae ás 10:00 horas, da estación de autobuses. De Nigrán sae ás 10:00 horas, do Concello.

“A presión social é a única forma de conseguir un cambio nas políticas sanitarias que beneficien á cidadanía. De Nós depende!!”, afirman desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor.

Reserva de Prazas para o autobús:

  • Nigrán, 660083984
  • Baiona, 609801138
  • Gondomar, 639872750