A Concellería de Xuventude do Concello de Baiona informa de que xa se poden solicitar as novas axudas para a obtención dos permisos de condución B, C e D que convoca a Xunta de Galicia. O importe das axudas será de 400 € para o carné B, 650 € para o carné C e 1.300 € para o carné D. Os requisitos das persoas mozas no momento de presentar a solicitude son ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31; estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano; non estar a traballar por conta propia nin allea; e aprobar o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.
Prazo e forma de presentación
As solicitudes poden presentarse desde o 24 de xaneiro ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito dispoñible. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave365, DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Máis información na OMIX do Concello de Baiona, sita na 2ª planta da Casa do Concello, en xuventude@baiona.gal, ou no teléfono 986385921.

