A empresa “Agrícola da Limia, J.A. Blanco” realizou unha doazón de 5.000 plantas de cebolas a través da Concellería de Educación do Concello de Baiona aos colexios e escolas infantís para os seus hortos escolares. Desde a Concellería de Educación se aposta por este recurso educativo a través do cal o alumnado adquire habilidades socio-laborais á vez que adquiren valores.
Os nenos e nenas baioneses cultivan, coidan e manteñen as hortalizas comprometéndose co traballo individual e grupal, á vez que se responsabilizan da doazón do produto servizo, crecendo en valores, adquirindo hábitos saudables de alimentación e concienciándose da importancia do consumo de produtos de proximidade.
Esta acción da empresa súmase á colaboración realizada no pasado mes de novembro entre o seu xerente e a concelleira de Educación, Nuria Leyenda Gómez, na que doou terra de cultivo para o horto do Colexio de Sabarís.

