Sin categoría

A Xunta Electoral Central amplía o prazo para depositar o voto por correo

Segundo o acordo adoptado pola Xunta Electoral Central, o prazo para o depósito do voto por correo para as Eleccións autonómicas ao Parlamento de Galicia amplíase ata o xoves, 15 de febreiro, no horario habitual de apertura das oficinas de Correos en toda España.

Deste xeito, a Xunta Electoral Central acordou aceptar a ampliación do prazo que propuxo Correos considerando que os días 12 e 13 de febreiro son festivos locais en numerosas poboacións de Galicia e do resto de España, o que podería incidir no prazo para o depósito do voto por correo que finalizaba, inicialmente, o 14 de febreiro.

Coa decisión de ampliación adoptada pola Xunta Electoral Central, os cidadáns e cidadás que solicitasen exercer o seu dereito ao voto por correspondencia para as Eleccións autonómicas ao Parlamento de Galicia, dispoñerán de máis tempo para depositar o seu voto.

Correos deberá asegurar a entrega de todos os sobres con votos nas respectivas mesas electorais na xornada electoral do domingo, 18 de febreiro, dentro dos prazos legalmente establecidos.