O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou na mañá deste venres aos usuarios da residencia de maiores Vila do Conde, en Gondomar. Durante a visita destacou a calidade asistencial destas instalacións e interesouse polas necesidades que lle foron trasladando os usuarios.
O director xeral apuntou que o Goberno galego busca colaborar co ámbito social e privado para crear prazas públicas de atención por toda a xeografía galega. Desta maneira, as persoas maiores poden vivir esta etapa preto dos seus lugares de orixe e as súas familias poden visitalos de xeito máis doado. Esta residencia de Vila do Conde logrou converterse durante os últimos anos nunha referencia na comarca do Val Miñor.

