O pasado luns 22, durante o transcurso dun control realizado por patrullas do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Vilaboa, na PO-555 (Redondela-Peinador), dáse o alto a varios camións de gran tonelaxe, dando positivo na preceptiva proba de alcol, dous condutores deses vehículos, cun resultado de 0,27 mg/l en aire expirado, o primeiro e duplicando a taxa máxima permitida o segundo, ao lanzar 0,39 mg/l, ao estar establecida a taxa máxima para este tipo de vehículos en 0,15 mg/l.
Os feitos supoñen unha infracción moi grave, con sancións de ata 1.000 € (500 € coa redución do 50%), así como unha detracción de seis puntos do seu permiso de condución, sendo inmobilizados ambos os dous vehículos no lugar ata que desapareceron as causas que motivaron dita intervención.
Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, lémbrase a importancia de circular co vehículo sen consumir alcol ou ningún tipo de estupefacientes, especialmente neste tipo de vehículos de grandes dimensións, que, en caso de perda de control do camión, producen aparatosos accidentes con graves consecuencias.

