Sin categoría

O BNG convoca un coloquio no Val Miñor para explicar o seu modelo alternativo de transporte público

O Bloque Nacionalista Galego convoca un coloquio no Val Miñor para explicar o seu modelo alternativo de transporte público. A fronte nacionalista celebrará este venres 19 de xaneiro unha charla na antiga estación do tranvía da Ramallosa ás 19:30 horas coa participación do candidato e portavoz de Mobilidade do BNG, Paulo Ríos “Kai”, xunto coa portavoz municipal e voceira da Asemblea de Transporte Digno de Gondomar, Manuela R. Pumar, e o integrante da Plataforma de Transporte do Val Miñor, Iago Aballe.