Sin categoría

Aberto o prazo de matrícula na Sección de Nigrán da Escola Oficial de Idiomas

A Sección de Nigrán da Escola Oficial de Idiomas informa que está aberto o prazo de matrícula para os seus cursos ata o venres 21 de setembro. Na súa Sección, situada en Escolas Proval, ofrecen unha ampla variedade de cursos ordinarios en todos os niveis de inglés (de A1 a C2) e niveis iniciais de francés (A1/A2 e A2). Ademais, este curso ofertan como novidade tres cursos de inglés centrados na práctica da destreza oral e sen exames (niveis A2, C1 e C2).

Para matricularse nestes cursos sen exames cómpre enviar un correo electrónico a eoi.vigo.nigran@edu.xunta.gal indicando os seus datos persoais e o curso no que se desexa matricularse. Por outra banda, para formalizar a matrícula dos cursos ordinarios é necesario facelo de xeito presencial na sede central da Escola de Idiomas (Rúa Emilio Martínez Garrido, 17. Vigo) ata o venres 8 de setembro.