Sin categoría

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves en Nigrán

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este xoves, 18 de xaneiro, o municipio de Nigrán. Estará situada diante do Concello, en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas. Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Todas as persoas que desexen doar sangue deberán acudir coa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar e informar ao médico se está a tomar algún medicamento. Non é necesario pedir cita previa.