O Concello de Baiona e a Fundación Amigos de Galicia poñen en marcha o programa “Mellor Acompañados”, co obxectivo de fomentar a autonomía e a independencia das persoas maiores de Baiona. Inclúe catro formacións de 2.30 horas sobre as máquinas de quendas, a aplicación móbil do Sergas, o caixeiro automático ou o teléfono móbil.
O programa desenvolverase os martes de febreiro (6, 13, 2 e 27 de febreiro) de 10:00 a 12:30 horas no Centro Multiusos Ángel Bedriñana situado na Rúa Carabela Pinta. Os veciños de máis de 65 anos interesados en participar deben inscribirse no departamento de servizos sociais do Concello de Baiona ou chamar ao 986 38 59 26 en horario de 9:00 a 14:00 horas).
A Concellería de Política Social do Concello de Baiona, en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, van poñer en marcha esta iniciativa que ten o obxectivo de proporcionar formación dixital e atención psicolóxica ás persoas maiores en situación de soidade, apoiando o seu envellecemento activo, así como a súa sociabilización. A finalidade é fomentar a autonomía e a independencia das persoas maiores.

