Nigrán convoca unha nova limpeza de pélets en Patos xunto á fundación da campioa de vela Theresa Zabell

O Concello de Nigrán convoca este sábado 20 de xaneiro unha nova limpeza de pélets na Praia de Patos desde as 10:00 ás 13:00 horas sendo preciso inscrición previa nun formulario web en http://www.nigran.es 48 horas antes do evento. Esta acción está organizada en colaboración coa Fundación Ecomar presidida pola mellor regatista española da Historia, Theresa Zabell, quen acudirá ex profeso, Fans do Mar, Concello de Nigrán e a Asociación de Escolas de Surf de Patos. Ademais da recollida, realizarase un obradoiro de concienciación sobre o lixo e plásticos nas nosas praias e océanos.