Axentes da Policía Local de Vigo que se atopaban realizando funcións de control e prevención de Seguridade Cidadá este martes ás 5:00 da madrugada, na Rúa Mestra Emérita-Camposancos, observaron que un vehículo circulaba cunha luz traseira fundida e o sistema de amortiguación do vehículo máis baixo do habitual, polo que se colocaron á súa altura, comprobaron que no habitáculo traseiro do turismo situábase unha carga avultada tapada, motivo polo cal decidiron darlle o alto. O condutor do vehículo, ao decatarse das indicacións policiais, aumentou a súa velocidade, circulando dirección Estrada de Camposancos.
Debido á condución inapropiada para as condicións que presentaba a vía, o condutor perdeu o control do vehículo, saíndose da calzada e chocando contra unha zona pavimentada da cuneta. O piloto e o copiloto saíron á carreira, emprendendo a súa fuxida cara á zona forestal. Os axentes dirixíronse ao vehículo comprobando que na parte posterior do mesmo atopábanse outros dous homes, estes tentaron evadir a acción policial fuxindo tamén do lugar, sendo interceptados polos funcionarios policiais.
Procedeuse á identificación de ambos os dous individuos, tratándose de E.T.G de 20 anos de idade e de A.H.LL.L de 21 anos de idade, realizándose á súa vez unha inspección exhaustiva do vehículo, localizando no seu interior varias ferramentas, como un martelo de goma, chaves de parafusos varias, luvas, sacos plásticos etc. Localizouse tamén un altofalante de grandes dimensións, un proxector led e varias bolsas e mochilas cargadas de diversos produtos alimentarios (produtos procesados, envasados, aperitivos e embutidos). Preguntada a procedencia dos devanditos artigos, os mozos responderon de maneira dubitativa e pouco crible.
Mentres varias patrullas compareceron no lugar dos feitos, para peitear a zona e tentar a localización dos fuxidos, realizáronse xestións para pescudar a procedencia do material incautado, dando as pescudas un resultado positivo a través da comunicación coa Policía Local de Nigrán, debido a que momentos antes produciuse un roubo con forza nas instalacións deportivas de Condomínguez, utilizadas pola Escola Deportiva Valmiñor Nigrán, presentando diversos danos consistentes na xanela de acceso á cantina fracturada e o interior completamente revolto, a caixa de caudais violentada, a despensa desordenada, con varios produtos de alimentación tirados polo chan.
Polos feitos expostos, procedeuse á detención dos dous ocupantes do vehículo, por un delito de roubo con forza, sendo informados dos motivos da súa detención, así como dos dereitos que lle asisten. Indicar que ao mesmo tempo se continua coas pescudas correspondentes para a localización do condutor e acompañante do turismo.

