A Garda Civil de Baiona-Nigrán detén a tres persoas como presuntas autoras de cinco delitos de furto e investiga a unha cuarta. Desde mediados de novembro recíbense no acuartelamento de Baiona diferentes denuncias por furtos en distintos establecementos de Nigrán, en concreto cinco delitos de furto de calzado e roupa, que alcanzan un valor duns 2.250 euros.
Iníciase unha investigación e despois de diferentes xestións conséguese a identificación das presuntas autoras. O pasado día 5 de xaneiro, tras un seguimento, intercéptanse in fraganti cometendo o último furto, conseguindo recuperar parte da mercadoría valorada nuns 900 euros. Todas elas son veciñas de Poio, de idades entre 38 e 40 anos e con antecedentes anteriores por feitos similares.
Unha vez tomada declaración, son postas en liberdade en sede policial e as dilixencias remitidas ao Xulgado número SETE de Vigo, onde terán que comparecer cando sexan requiridas para iso.

