Sin categoría

A concelleira de Baiona Ana María Iglesias, na candidatura do PP en Pontevedra

O presidente da Xunta e do PP de Galicia, Alfonso Rueda, vai encabezar a renovada candidatura popular na circunscrición da provincia de Pontevedra, que incorpora un 60% de membros novos e que ten representantes de todas as comarcas pontevedresas nunha clara mostra do alto grao de implantación do Partido Popular en todo o territorio.

Así, entre os 22 titulares que conforman a lista do PP en Pontevedra hai once incorporacións e outros once candidatos que repiten, o que supón un 50% de renovación, pero os cinco suplentes son novidades, o que eleva a cifra de caras novas ata preto do 60%. Ademais, a candidatura presenta un absoluto equilibro de xénero con 13 mulleres e 14 homes.

A parte alta da candidatura, conformada polos once asentos que ten na actualidade o PP no Parlamento galego por esta circunscrición, está conformada pola empresaria viguesa Patricia García (2); a pontevedresa María Martínez (3), que ocupa a xefatura territorial de Infraestruturas e Mobilidade; e os conselleiros de Cultura e Educación, o lalinense Román Rodríguez (4), e de Sanidade, o vigués Julio García Comesaña (5).

Ademais, tamén acompañan a Alfonso Rueda, o voceiro parlamentario popular, o redondelán Alberto Pazos (6); o edil vilagarcián Raúl Santamaría (7); a secretaria territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, a viguesa Marta Mariño (8); as concelleiras de Cangas Dolores Hermelo (9) e de Sanxenxo María Deza (10); e o director xeral de Gandaría, o cerdedense José Balseiros (11).

“Temos na provincia de Pontevedra unha lista moi renovada e rexuvenecida, conformada por xente moi preparada, coñecida e traballadora, que representa a todos os colectivos e sectores da nosa sociedade, polo que estou moi orgulloso e satisfeito de estar tan ben acompañado para defender os intereses da nosa circunscrición e para conseguir o claro obxectivo da maioría absoluta o próximo 18 de febreiro”, manifestou Alfonso Rueda en relación á lista pontevedresa, que conta con máis dunha quincena de persoas con responsabilidades actuais ou anteriores na política municipal, “coa clara intención de dispoñer de candidatos moi apegados e coñecedores do territorio e das necesidades dos cidadáns”.

A candidatura completa do PP para as Eleccións Autonómicas está conformada polas seguintes persoas:

  1. Alfonso Rueda Valenzuela (Pontevedra)
  2. Patricia García González (Vigo)
  3. María Martínez Allegue (Pontevedra)
  4. Román Rodríguez González (Lalín)
  5. Julio García Comesaña (Vigo)
  6. Alberto Pazos Couñago (Redondela)
  7. Raúl Santamaría González (Vilagarcía de Arousa)
  8. Marta Mariño Regueiro (Vigo)
  9. María Dolores Hermelo Piñeiro (Cangas do Morrazo)
  10. María Deza Martínez (Sanxenxo)
  11. Silvestre José Balseiros Guinarte (Cerdedo-Cotobade)
  12. Miguel Fidalgo Iglesias (Vigo)
  13. Raquel Plana Pinto (Ponteareas)
  14. María Felisa Rodríguez Carrera (Mos)
  15. Manuel Santos Costa (Marín)
  16. Moisés Rodríguez Pérez (Tui)
  17. Fernando Pérez Domínguez (Caldas de Reis)
  18. Ana Cristina Pérez Cabaleiro (Salceda de Caselas)
  19. Ana María Iglesias Rodríguez (Baiona)
  20. Alfonso Vázquez Reboredo (Portas)
  21. Iria María Charlín Pereira (Moaña)
  22. Guillermo Juncal Peñas (Pontevedra)

Suplentes:

  1. Cándido Muíños Balea (Poio)
  2. Sonia Baqueiro Abal (Soutomaior)
  3. Gonzalo Louzao Dono (A Estrada)
  4. Ana Belén Rodríguez Pino (As Neves)
  5. Nerea Porto Dopazo (Pontevedra)