Sin categoría

Charla sobre alimentación saudable e planificación de menús en Nigrán

O Concello de Nigrán colabora coa iniciativa do Centro de Saúde Val Miñor para ofrecer mañá martes 16 de xaneiro a charla “Alimentación saudable e planificación de menús” ás 17:30 horas no Auditorio Municipal e a cargo da dietista-nutricionista Marta Losada. Igualmente, ofrecerán o mércores 31 de xaneiro outra xornada dedicada á alimentación en pacientes diabéticos e sobre a importancia de tela controlada (11:30, Auditorio Municipal). A entrada é de balde e aberta a toda aquela persoa interesada no tema.