“Mi día” da ONCE deixou en Nigrán un premio de 3.000 euros, nun boleto que premiou a data favorita da persoa gañadora, no sorteo do venres, 5 de xaneiro. O vendedor da ONCE José Armando Pinho Pérez é quen levou a sorte a Nigrán desde o seu roteiro de venda pola localidade.
“Mi día” da ONCE consiste nun xogo no que hai que elixir unha data de entre as 36.525 comprendidas nun período de 100 anos. Ademais, cada combinación levará asignado automaticamente un Número da Sorte comprendido entre o 1 e o 11. O importe por combinación é de 1 euro. Mi día da ONCE celebra sorteos todos os luns e xoves.
“Mi día”, como as demais loterías responsables da ONCE, pódese adquirir na rede de máis de 19.000 vendedores e vendedoras da Organización, en http://www.juegosonce.es e en establecementos autorizados.

