Manuel García, Ukun Cabana e Botando unha Man, gañadores do Certame de Micro-Beléns de Baiona

O Multiusos Mercado de Sabarís acolleu este domingo o acto de entrega dos diplomas ás persoas gañadoras do Certame de Micro-Beléns e do Belén Familiar en domicilio particular organizado pola Asociación de Empresarios Coemsa de Sabarís en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Baiona. Os encargados de entregar os diplomas foron Policarpo Vilar, primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Nuria Leyenda, concelleira de Educación, Pilar Loperena como representante de Coemsa e a artista local Irene Silva.

“Esta iniciativa que nace hai dous anos e que en cada edición vai adquirindo máis participantes podemos dicir que é todo un éxito en participación e visitas, presentándose nesta ocasión a concurso un total de 22 Micro-Beléns na categoría xeral e 4 Beléns na categoría de Belén en domicilio particular”, destacou o edil de Cultura, que ademais agradeceu a todos a participación e destacou “o elevado nivel artístico e creativo que está a adquirir o certame ano tras ano”.

Na categoría de Micro-Belén máis orixinal resultou gañador Manuel García Rodríguez, mentres que na categoría de Micro-Belén máis laborioso resultou gañador Ukun Cabana López Urivarri. Respecto ao premio ao Micro-Belén máis popular, elixido mediante os votos emitidos polos visitantes, tivo como resultado gañador o realizado polo Centro de Día Botando unha Man. Este certame compleméntase coa categoría Belén Familiar en domicilio particular, do que resultou gañador José Dacosta Martínez.

A finalidade deste certame foi a de potenciar as artes plásticas e as manualidades, incentivar a creatividade, así como conservar as tradicións e fomentar as actividades en familia.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.