Sin categoría

A Gran Cabalgata de Reis percorre Nigrán

O Concello de Nigrán ofreceu a Cabalgata de Reis tradicional estando dende as 15:30 ás 16:30 horas na Praza do Concello recibindo aos máis cativos e a continuación percorreu o centro de Nigrán ata A Ramallosa para rematar en Panxón. A comitiva e as súas carrozas, formada por máis de 120 paxes e axudantes, conformaron unha verdadeira “Fantasía DisNigrán” deseñada integramente por Sarao Animación e composta por Trasnos, Ninfas, Elfos, Gnomos e como gran novidade personaxes da factoría Disney como Brancaneves e os 7 ananos, Mickey Mouse ou Bella e Bestia.

Deste xeito, as Súas Maxestades estiveron presentes na Praza do Concello de Nigrán dende as 15:30 ás 16:30 horas, momento no que saíron pola rúa Rosalía de Castro e Manuel Lemos. Ás 17:00 horas a comitiva retomou nas ateigadas rúas de A Ramallosa coa Rondalla Santiago de Parada, Séquito Real, Raíñas Magas a cabalo, Paxes Reais, Trasnos, Ninfas, Elfos, Gnomos, personaxes Disney e 16 Carteiros Reais a cabalo, 7 Gnomos Reais, 5 travesos e os 3 Reis Magos. Finalmente, a comitiva reapareceu en Panxón para chegar ata o Pavillón de Deportes, onde houbo unha tirada de fogos de lucería.

Xa no Pavillón Municipal os máis cativos desfrutaron de animación e da música tradicional da Rondalla. As Súas Maxestades estiveron acompañados por un séquito de máis de 120 paxes de diferentes entidades culturais e deportivas de Nigrán. Repartiron máis de media tonelada de caramelos e gominolas sen glute dentro da campaña que o Concello de Nigrán está a facer na hostalería local para que os menús sen gluten sexan unha marca Nigrán.

“Foi un momento ollando aos máis cativos emocionados coa maxia e a ilusión da noite de Reis. Este é un día moi importante para os máis pequenos e dende o Concello de Nigrán queremos axudalos a seguir soñando”, considera o alcalde, Juan González.


El pase de diapositivas requiere JavaScript.