O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, proxecta o martes 2 de xaneiro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal a película de animación “Cuento de Navidad” (2009) destinada a todos os públicos. A entrada é de balde ata completar aforo. Trátase dunha adaptación do clásico de Charles Dickens, que emprega a mesma técnica de animación que “Polar Express” e “Beowulf”. Ebenezer Scrooge (Jim Carrey) é un personaxe malhumorado e gruñón que trata con desprezo e malos modais ao seu fiel empregado Bob Cratchit (Gary Oldman) e ao seu alegre sobriño (Colin Firth). Pero, cando o espírito do Nadal pasado, presente e futuro o arrastra a unha viaxe descobre verdades que sempre se negou a ver, o corazón do vello avaro ilumínase e dáse conta de que debe actuar inmediatamente para contrarrestar tantos anos de egoísmo e rancor.
Nigrán proxecta a película de animación infantil “Cuento de Navidad”

