Un home necesita asistencia sanitaria tras caer nunha silveira en Gondomar mentres camiñaba. Os membros do GES de Val Miñor rescataron ao home dunha zona con dificultades de acceso.
Os mesmos profesionais das emerxencias de Val Miñor foron quen, sobre as 15:00 horas, informaron ao 112 Galicia da súa saída. Indicaban que saían, a petición da Policía Local, para auxiliar a un home que ía camiñando pola rúa das Ánimas e que caera nunha silveira, nunha zona que presentaba dificultades para acceder.
Tras contactar cos axentes da Policía Local, comunicaron ao 112 Galicia que unha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 xa se desprazaba neses intres cara o punto. Polo que, os xestores do 112 informaron dos feitos aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Val Miñor e aos Bombeiros de Vigo.
Nada máis ser rescatado, os sanitarios encargáronse da súa evacuación.

