O Concello de Nigrán remata esta semana as obras para a renovación da rede de abastecemento do Camiño dos Lagos que realizara Aqualia en colaboración co Concello polo que foi preciso o corte de dita estrada de Panxón. Os traballos, que estarán rematados este venres, consisten en substituír 300 metros a tubaxe para reparar o abastecemento de auga a preto dunha ducia de casas que sufrían numerosas avarías.
Nigrán substitúe o abastecemento de auga no Camiño dos Lagos en Panxón

