Sin categoría

Gondomar pide colaboración cidadá para dar cos responsables de actos vandálicos

O Concello de Gondomar solicita a colaboración cidadá para localizar ao autor ou autores de diferentes actos vandálicos que se veñen sucedendo na localidade. Un turismo envorcado por terceira vez, unha ventá do pavillón municipal rota dunha pedrada e un cristal dunha marquesiña rebentado son os últimos danos rexistrados.

“Algúns están empeñados en acabar o ano facendo mal”, lamentou o alcalde, Paco Ferreira, nas redes sociais. O rexedor pide que todo aquel que poida achegar algunha información contacte coa Policía Local de Gondomar no teléfono 986389191.