A CEMMA publica unha guía de boas prácticas sobre a toniña, Phocoena phocoena, na que se inclúe o manexo da especie caso de que sexa observada no mar, varada na costa ou capturada nas faenas pesqueiras. Esta publicación nace co obxecto de contribuír á protección e conservación da toniña mediante a información sobre a especie e as súas ameazas a través da difusión, sensibilización, concienciación, educación ambiental e formación para o desenvolvemento de actitudes e aptitudes que causen impacto social e xeren unha atmosfera de respecto e admiración incidindo de maneira positiva na súa conservación.
O libro, que conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra, vén cun acceso aos audios, como nova ferramenta versátil de traballo, mais tamén para ser accesible para persoas con limitacións físicas que lle impidan ler as súas letras. Ademais inclúese o himno da toniña, gravado durante o proxecto Phocoe-nando coa colaboración do Concello de Nigrán, como contribución da cultura popular mariñeira á divulgación da conservación da especie mediante a adaptación da cantiga popular “Sopra vento do norte”.
Pódense consultar todos os materiais xerados no proxecto Phocoe-nando (varios idiomas) aquí:
http://www.cemma.org/phocoenandomat_gal.htm
Haz clic para acceder a PPH_guia2023.pdf
Pódese solicitar o libro editado en papel á CEMMA (cemmaorganizacion@gmail.com).

