Sin categoría

Nigrán proxecta a película de animación infantil “El origen de los guardianes”

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, proxecta o martes 26 de decembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal a película de animación “El origen de los guardianes” (2012). A entrada é de balde ata completar aforo. Considerada unha obra mestra especialmente indicada para a infancia, está baseada na serie de novelas escritas por William Joyce, “The Guardians of Childhood”, na que Papá Noel, o Coello de Pascua e a Fada dos Dentes, entre outros, se unen contra o popular Home do Saco.

Estes “gardiáns dos nenos”, dotados de poderes extraordinarios, teranse que unir entre si se queren que o espírito maléfico do seu adversario sexa reducido e desta forma non poida facer dano nin causar diminución nas esperanzas, os soños e na imaxinación dos máis pequenos. Unha aventura fantástica que converte aos personaxes clásicos das supersticións en súper heroes dispostos a salvar o mundo.