O Concello de Nigrán e o Centro Cultural Parada do Miñor ofrecen este sábado o tradicional pasarrúas de Nadal polo municipio. Así, a Rondalla de Santiago de Parada sairá ás 16:00 horas da rúa Telleira cara o Concello para o recibimento oficial e, posteriormente, ás 17:00 horas, percorrerán Panxón, ás 18:00 Praia América e ás 19:00 A Ramallosa. As rondallas son formacións musicais con gran tradición en todas as Rías Baixas e particularmente na comarca do Miñor, contando o Concello de Nigrán coa de Santiago de Parada, recoñecida precisamente co “Premio ao Mérito Cultural Nigrán 2023”.
Nigrán ofrece o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de Parada polo municipio

