Sin categoría

Ceamsa doa 100 lotes de Nadal para as familias máis necesitadas de Baiona

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a concelleira de Política Social, Ana María Iglesias Rodríguez, recibiron este xoves a doazón de 100 lotes de Nadal da man do Director de Recursos Humanos da empresa Ceamsa, Jorge Trigo Somoza. Os lotes repartíronse entre as familias sen recursos do municipio e usuarios do departamento de servizos sociais para celebrar estas datas tan especiais.

“A responsabilidade social e o compromiso que demostran esta empresa e os seus responsables, entre o que se atopa o noso veciño baionés, Jorge Trigo Somoza, co seu pobo, é eloxiable e estamos enormemente agradecidos de que exista esta sinerxia”, explica o alcalde. “Traballando da man podemos axudar máis a todos estes veciños que pasan momentos complicados e estou enormemente agradecido de que Baiona poida contar con isto”.

Ambos os dous representantes municipais estenderon este agradecemento á ONG local “Ayuda al Mundo Necesitado”, á súa presidenta, Juana Alonso, e a todas as persoas voluntarias que achegan o seu gran de area e que atenden botando unha man nas necesidades da ONG.