Sin categoría

O Club Deportivo Eixo Gondomar celebra unha Gala de Nadal solidaria

O Club Deportivo Eixo Gondomar, coa colaboración do Concello, organiza unha Gala de Nadal Solidaria este venres 22 de decembro ás 18:30 horas no Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda. Para poder asistir só hai que levar un alimento non perecedoiro que a través do Banco de Alimentos Municipal será repartido entre familias vulnerables de Gondomar. Tamén participarán patinadores da Escola Municipal de Gondomar e do Club Patinaxe Nigrán.