O Concello de Nigrán e a librería Paraísos de Papel ofrecen este sábado 23 de decembro ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal unha charla de Goretti Irisarri (Vigo, 1974) sobre o “Nigrán secreto e o Vigo nazi” atendendo precisamente a curiosidades históricas das súas novelas “El enjambre” e “La traductora”, escritas xunto a José Gil Romero. O acto, no que se proxectarán fotos e documentos, estará presentado polo alcalde de Nigrán e historiador, Juan González, estudoso da presencia nazi na comarca. Os asistentes poderán degustar glühwein, un viño quente alemán.
Charla sobre “Nigrán secreto e Vigo nazi” coa escritora Goretti Irisarri

